domingo, 3 de mayo de 2009

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Esta é unha das moitas materias que temos neste momento no Instituto e é unha das optativas deste ano en 1º de Bacharelato, o que agora podemos coñecer unha das novas tecnoloxías da época que vai marcar o futuro. É unha materia necesaria para todo o mundo, xa que a marioría da xente traballa cós ordenadores ou simplemente os teñen para o seu tempo de ocio, aparte de buscar información sobre o que lle interese a dita persoa.
Na clase onde partimos esta nova materia, ensínanos a aprender a utilizar programas como o Word, o Excel, o Power Point no que fixemos unha presentación do Hardware, o Open Office Calc, o álbum Picassa que serve para gardar as túas propias fotografías, os mapas conceptuais, O Google Docs, o Slide Share, tamén fixemos a búsqueda de cidades ou de pobos no Google Maps, e incluso aprendemos a utilizar as Wikis. Tamén, neste curso, inauguramos un blog onde podías coller o tema que quixeras, co fin de actualizalo cada dous ou tres días aproximadamente, aínda que tivemos que facer algunhas tarefas mandadas pola profesora, como buscar información sobre o ordenador ou sobre a utilización das TIC, e incluso fixemos unha mensaxe apoiando a nosa lingua, o Galego. Outros dos sitios necesarios para a materia é Internet, nel podemos atopar todo o que queremos, como páxinas web que nos poden interesar, búsqueda da información nos temas que querer recurrir. Nesta materia, a maioría das veces, trabállase en grupo, o que nos permite un traballo moito máis entretido.
Antigamente as personas non podían ter opción da búsqueda de información, xa que non había ordenador. A medida que pasaron os tempos, Windows apareceu, o que a partir de aí os ordenadores comezaron a aparecer no ámbito familiar e que pouco a pouco, estes aparellos, permitiron poñerse máis de moda. Ao principio era moi difícil de telos, debido ao prezo elevado destes, pero a partir do século XXI, a maioría das persoas do mundo teñen un ordenador na súa casa ou vivenda. Os individuos que utilizan habitualmente o ordenador é sobre todo para o uso de Internet, que como viñemos dicindo é un lugar onde poder atopar todo tipo de información, pero tamén úsanse programas como o Word que é o máis habitual e o máis fácil de usar, o Excel que xa é un pouco máis complicado andar nel, se non tes as ideas claras, terías que buscar unha pequena axuda de alguén que saiba utilizalo e che vaia explicando o funcionamento de dito programa.
Sobre as TIC, penso que cada vez están máis cerca de nós e permítenos acceder a elas sen ningún problema ve podemos comunicarnos con outra xente que se atopa, quizás, moi lonxe de nós. Grazas a elas aprendemos cousas que antes non sabiamos, como os programas que anteriormente puxen de exemplo (Word, Excel…). Creo, que grazas a esta materia, estou aprendendo a utilizar diversos programas que antes non percibira á hora de utilizar un ordenador, xa que grazas a esta asignatura, os profesores ensínanos programas ou páxinas web que non sabiamos delas.

Alumno: Darío Oreona Casas
Curso: 1º Bacharelato B

domingo, 22 de marzo de 2009

Volve....

Despois de Semana Santa...








A 3º temporada...

Próximamente

lunes, 9 de marzo de 2009

Ferramentas dun sistema e-learning

Servicio ou ferramenta

Funcionalidade

Ferramentas para proporcionar información

Podemos atopar para archivos de texto ou páxinas web, edición de rótulos ou etiquetas e creación de enlaces a directorios de datos os que se poden subir archivos.

Ferramentas de comunicación

Sistemas de correo interno e de mensaxería instantánea, foros, chats e, nalgúns dos casos audio.

Ferramentas de xeración de contidos

Ferramentas de autor que permiten crear unidades didácticas interactiv0 as basadas en lenguajes de programacións de tipo javascript, java ou flash.

Ferramentas de evaluación dos aprendizaxes

Ferramentas para elaborar probas obxectivas e exames que, ademais, facilitarán a correción das probas e dos exames.

Bacharelato a distancia

En Galiza só é posible cursar o bacharelato a distancia no I.E.S. San Clemente de Santiago de Compostela e nos centros EPA da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Orixe e significado do termo e-learning

E-learning é principalmente un medio electronico para a aprendizaxe a distancia ou virtual, onde podes interactuar cos teus profesores por medio de internet, ademais o teu mesmo es o que manexa os horarios, é un medio completamente autonomo. E-learning significa literalmente aprendizaxe electrónica.

Desde as súas orixes, a educación a distancia é unha opción para atender a formación de persoas adultas, o e-learning ten a vantaxe de que os usuarios elixen os seus propios horarios, e pode entrar á plataforma desde calquera lugar onde poidan acceder a unha computadora e teñan conexión a internet.

viernes, 6 de marzo de 2009

MOODLE

Exercicio da páxina 97 do libro de texto. Averigua o significado das siglas de MOODLE e localiza o sitio oficial desta plataforma de e-learning.


A palabra Moodle era ao principio un acrónimo de Modular Object-Oriented Dynamic Learning Environment (Contorna Modular de Aprendizaxe Dinámica Orientado a Obxectos), o que ten algún significado para os programadores e teóricos da educación, pero tamén se refire ao verbo anglosaxón Moodle (parece que é unha palabra que empeza a usarse no sentido que segue máis adiante, só logo do seu uso en internet, pois non se atopa nos dicionarios dispoñibles, o máis parecido é moody/caprichoso, melancólico, taciturno, temperamental e mood/humor).