domingo, 3 de mayo de 2009

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Esta é unha das moitas materias que temos neste momento no Instituto e é unha das optativas deste ano en 1º de Bacharelato, o que agora podemos coñecer unha das novas tecnoloxías da época que vai marcar o futuro. É unha materia necesaria para todo o mundo, xa que a marioría da xente traballa cós ordenadores ou simplemente os teñen para o seu tempo de ocio, aparte de buscar información sobre o que lle interese a dita persoa.
Na clase onde partimos esta nova materia, ensínanos a aprender a utilizar programas como o Word, o Excel, o Power Point no que fixemos unha presentación do Hardware, o Open Office Calc, o álbum Picassa que serve para gardar as túas propias fotografías, os mapas conceptuais, O Google Docs, o Slide Share, tamén fixemos a búsqueda de cidades ou de pobos no Google Maps, e incluso aprendemos a utilizar as Wikis. Tamén, neste curso, inauguramos un blog onde podías coller o tema que quixeras, co fin de actualizalo cada dous ou tres días aproximadamente, aínda que tivemos que facer algunhas tarefas mandadas pola profesora, como buscar información sobre o ordenador ou sobre a utilización das TIC, e incluso fixemos unha mensaxe apoiando a nosa lingua, o Galego. Outros dos sitios necesarios para a materia é Internet, nel podemos atopar todo o que queremos, como páxinas web que nos poden interesar, búsqueda da información nos temas que querer recurrir. Nesta materia, a maioría das veces, trabállase en grupo, o que nos permite un traballo moito máis entretido.
Antigamente as personas non podían ter opción da búsqueda de información, xa que non había ordenador. A medida que pasaron os tempos, Windows apareceu, o que a partir de aí os ordenadores comezaron a aparecer no ámbito familiar e que pouco a pouco, estes aparellos, permitiron poñerse máis de moda. Ao principio era moi difícil de telos, debido ao prezo elevado destes, pero a partir do século XXI, a maioría das persoas do mundo teñen un ordenador na súa casa ou vivenda. Os individuos que utilizan habitualmente o ordenador é sobre todo para o uso de Internet, que como viñemos dicindo é un lugar onde poder atopar todo tipo de información, pero tamén úsanse programas como o Word que é o máis habitual e o máis fácil de usar, o Excel que xa é un pouco máis complicado andar nel, se non tes as ideas claras, terías que buscar unha pequena axuda de alguén que saiba utilizalo e che vaia explicando o funcionamento de dito programa.
Sobre as TIC, penso que cada vez están máis cerca de nós e permítenos acceder a elas sen ningún problema ve podemos comunicarnos con outra xente que se atopa, quizás, moi lonxe de nós. Grazas a elas aprendemos cousas que antes non sabiamos, como os programas que anteriormente puxen de exemplo (Word, Excel…). Creo, que grazas a esta materia, estou aprendendo a utilizar diversos programas que antes non percibira á hora de utilizar un ordenador, xa que grazas a esta asignatura, os profesores ensínanos programas ou páxinas web que non sabiamos delas.

Alumno: Darío Oreona Casas
Curso: 1º Bacharelato B

No hay comentarios: