miércoles, 26 de noviembre de 2008

Violencia de xénero

Violencia de xénero


O día 25 de Novembro é o día contra a violencia machista, a cal, afecta a nosa sociedade. Este gran problema o atopamos en todos os lugares e indistintamente da clase social a que pertencen o maltratador e a víctima.
Para intentar solucionalo hai distintos sitios aos que se pode acudir como centros especializados en casos de violencia de xénero que brindan moita axuda con persoal como psicólogos que fan este traballo de valde. Tamén existen casas de acollida que proporcionan un escondite necesario para moitas mulleres maltratadas cando estas deciden abandoar as súas parellas.
Sen duda, o principal recurso que utilizan as víctimas é o teléfono da muller (016) onde persoas proporcionan un apoio moi necesario para estas mulleres.
A sociedade está moi comprometida para evitar este problema aínda que o principal e primer paso é que a muller denuncie. Para isto xa existen xulgados que tratan unicamente este problema.
Esta nas nosas máns evitar esta violencia de xénero cando presenciamos ou coñecemos un maltrato físico ou psicolóxico.

Violencia de xénero

martes, 25 de noviembre de 2008

Violencia de xénero



A violencia de xénero é un dos problemas máis destacados na nosa sociedade. Xa van unhas 60 mulleres mortas do que levamos de ano debido á violencia de xénero. A maioría delas acoden a lugares onde poden ser axudadas ou chamando ao 016.

Ésta é unhas das violencias máis destacadas das moitas que hay en España. A verdade é que agora mesmo xa non só as mulleres quenes son maltratadas senon que tamén hai homes que son maltratados ou manipulados por mulleres como acaba de saír na televisión fai pouco tempo.

Eu penso que as leis deberían de endurecerse un pouco máis para que este problema vaia a menos, xa non polas mulleres senon polo ben da nosa sociedade porque nos pon a pel de galiña cada vez que se ven imaxes como as que se ven na televisión ou noutros medios de comunicación.

Por iso o día 25 de novembro vai por esas mulleres maltratadas e mortas polas suas parellas, para que se son maltratadas poidan pedir axuda e avisar antes de que sexa demasiado tarde.

Capítulo 12º Te quiero y es mi culpa

Cando Paula descubra uns debuxos de Xiaomei no bloc de Jan, esta botarallo á cara. Enfadada e en plena borracheira, Paula cometerá un erro que poñerá en perigo a voda polo que se verá obrigada a facer aquilo que menos lle apetece: Axudar a Jan e a Xiaomei para que a voda siga adiante.

Có regreso de Branca a casa parece que todo volve á normalidade. Pero as cousas volverán complicarse cando Miguel conféselle que está namorado de Irene e pídalle axuda para conquistala. Obrigada a axudarlle, decidirá acabar con tantas mentiras e dicirlle por fin a Miguel que é ela a que está namorada del.

Logo de deitarse xuntos, Loli decide que non poden continuar coa súa relación e deixa a Adolfo. O descubrimento por parte de Isaac e Roque do que pasou entre el e Loli, só será o principio dunha serie de situacións que acabarán destapando a verdade sobre a enfermidade de Adolfo.

Isaac, logo de descubrir que a súa nai déitase con Adolfo e ser rexeitado por Irene, sentirase só e enganado, o que lle levará a tomar unha decisión que poida que afástelle para sempre do colexio.

Olimpia, presionada pola asociación de pais para que non se represente a obra, poñerá en marcha un plan para boicotearla, plan que acabará volvéndose no seu contra.

Gorka e Ruth volven estar xuntos, pero a pantasma de Cabano planea sobre a relación e este é incapaz de relaxarse. Cando Gorka teña un soño erótico coa persoa equivocada, comezará a dubidar sobre a súa sexualidade.

Violencia de xénero


Hoxe é o día contra a violencia de xénero xa que van 60 mulleres mortas a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano.Sen duda, o caso máis mediático foi o do profesor Neira que interviu na rúa ao ver unha destas agresións e por isto agora está en coma debido a unha paliza que sufriu despois por parte do agresor da muller. O peor deste caso é que a muller non admite que sufría maltratos a pesares de que hai un video nun hotel que o demostra e segue mentindo sobre a culpabilidade da súa parella e négase a darlle as grazas á familia do profesor por salvala do seu propio mozo.
Pero sen duda, este é un caso fóra do común xa que a inmensa maioría das mullers maltratadas agradecen unha axuda xa que moitas veces por elas mesmas non poden sair desta situación. Para solicitar esta axuda hai numerosos centros aos que poden acudir ou ao teléfono 016 que atende todos estes casos pero a mellor solución é denunciar estas agresións aá policía para que se poña unha orde de afastamento.
Para concienciar á pobación sobre este gran problema na sociedade estanse a levar a cabo numerosas campañas nos medio de comunicación e existe unha gran información para concienciar de que este problema existe e está nas nosas mans rematar con el.
O maltato non ten que ser só físico xa que tamen existe o maltato psicolóxico con insultos e ameazas para que a muller se sinta inferior, o cal, é máis dificil de detectar.

lunes, 24 de noviembre de 2008

viernes, 21 de noviembre de 2008

Capítulo 11º. Cuestión de confianza

Cabano está seguro de que Ruth segue namorada de Gorka e non é o único que o pensa, Fer tamén o cre, e a súa bondade levaralle a axudar a un desesperado Gorka a intentar recuperar á súa moza. Isto provocará unha pelexa entre Cabano e Gorka na que Ruth confesará o amor que segue sentindo polo seu ex.

Branca atopa a Miguel e Irene espidos na bañera e, doída pola traizón da súa amiga, decide irse de casa. Roque acolleraa, o que provocará tensións na súa con Olimpia. Arrepentida, Irene fará todo o posible para que a súa amiga perdóelle e volva a casa.

Cova e Paula decátanse de que Oliver abusou de Yoli e intentan axudar á súa amiga a superalo. Con todo, Yoli darase conta de que o único que pode axudala é Isaac. Á súa vez, Irene, asustada porque Miguel empeza a sentir algo máis por ela, volverá achegarse a Isaac, que sentirá unha enorme nostalxia polo pasado.

Pola súa banda, Adolfo decidiu afrontar a súa enfermidade vivindo a vida con intensidade, coma se cada día fose o último, decisión que nin a súa muller, nin o seu fillo Roque, entenderán. Pero iso non freará a Adolfo, que volverá sentirse máis vivo que nunca.

Pese a que foi Julio quen lle foi infiel a Cova, é el quen, convencido de que ela non está realmente namorada, empezo a sufrir por celos e terminará con ela.

O éxito que ten entre os mozos Xaomei, a futura muller de conveniencia de Jan, provocará que Paula volva desconfiar da fidelidade do seu noivo.

martes, 11 de noviembre de 2008

Capítulo 10º Mentiras tan frías



A voda de Jan coa súa prima Xiaomei achégase e Paula cada vez lévao peor, ata chegar a pelexarse dentro do colexio con ela. Paula dálle un ultimátum a Jan: ou ela ou a voda e Jan elixe a sua noiva.

Miguel está leado con Blanca e Irene ás costas de ambas... ata que elas descóbreno. Sen contarlle nada a el, deciden que llo quede a mellor e iníciase unha "guerra" entre elas. Irene móstrase prepotente ante Blanca, como dando por feito que ela gañará e iso leva a Branca a xogar sucio para quedarse con Miguel xogo e isto terá consecuencias.

Ruth sabe que Clara vía ao seu noivo espirse por internet pero non di nada e espera que Cabano cóntello, pero Cabano non o fará. Clara búscalle un traballo a Cabano como vixiante da súa nai doente, pero Ruth pensa que entre Clara e Cabano hai algo. Clara descubrirá que o ver a Cabano unha soa vez espirse en internet pode saírlle moi caro...

O rumor de que Julio púxolle os cornos a Cova vaise estendendo e el intentará frealo, pero Gorka doído por unha burla de Julio, o chantajea. Julio termina por non aceptar o chantaje e Gorka diralle a Cova que é unha cornuda e Julio se sincerará con ela e perdoaralle, cousa que a Julio non lle parece ben.

Olimpia está tendo moitos problemas coa dirección do colexio e para complicar todo máis, o médico recoméndalle repouso porque ten a tensión moi alta e iso pode ser fatal para o seu embarazo. Pero ela ocultarallo a Roque e seguirá traballando.

Roque non lle dixo nada á súa nai do embarazo de Olimpia e ela móstrase moi doída e no medio dunha discusión familiar decátase da enfermidade do seu marido, Adolfo.

Presentación

lunes, 10 de noviembre de 2008

HSM 3

A verdade e que non podo opinar sobre a película porque non vin nin a primera parte, nin a segunda, nin a terceira. Como podedes comprobar as miñas compañeiras poden opinar mellor sobre ela.

HSM3


Esta película aínda non a vin xa que está nos cines dende hai moi pouco tempo. Si que vin as dous películas anteriores (HSM1 e HSM2)e a verdade é que ningunha das dúas gustoume moito pero pareceume bastante mellor á primeira. Para ver esta última esperarei a que a den na televisión polo cal aínda terei que agardar bastante tempo para poder opinar sobre ela.

HSM 3



Esta última película non a vin. As dúas entregas anteriores si que as vin. Notei unha gran diferencia da primeira á segunda xa que a primeira gustoume moito máis e a segunda pareceume moi aburrida. Polo que escoitei esta será a mellor de todas as entregas feitas ata agora de High School Musical.

viernes, 7 de noviembre de 2008

Evitará que se volva a repetir?

Non evitará que se volva a repetir xa que aínda que o acosado xa non teña problemas na clase isto non evitará que o acosador siga coa situación fóra do centro.

A expulsión será unha solución?

Eu creo que é a solución máis común pero non a mellor xa que isto non resolve o problema da víctima co acosador xa que o acoso pode continuar nas rúas. Estou de acordo con esta medida xa que é unha forma de evitar a situación pero deberiamos buscar outra que en vez de aplazar a situación acabe con ela.

Creedes que a xuventude de hoxe en día está máis crispada?

Eu creo que si e para proba toda a violencia que atopamos por todos os lugares: pelexas nas rúas, liortas as saídas dos colexios, acosos nas clases...
A causa de todo isto pode ser a violencia que vemos todos os días na televisión e que xa atopamos coma algo normal?

Evitará que se volva a repetir?

Como xa dixen non creo que esta sea a mellor solución porque non evitará outro enfrontamento na rúa e o considero máis un castigo que unha solución

A expulsión do centro é unha solución?

A expulsión é un castigo pero eu non a considero unha solución xa que isto pode evitar os enfrontamentos nas aulas pero non na rúa e tamén pode fomentar outro posible altercado entre a victima e o acosador. Aínda que en casos extremos estou a favor da expulsión do centro por un período de tempo ou para sempre nos casos máis graves

Capítulo 9º Adictos

Gorka perdeu ás dúas únicas persoas que lle apoiaban no Zurbarán e aos seus amigos de toda a vida do barrio. Fuxindo da soidade, Gorka cae no vicio das drogas e atopa en Fer un apoio inesperado.

Pola súa banda, Cova intenta arranxar por fin as cousas con Julio, pero el prefire cortar polo san.Unha noite, Julio sae con Jan e Isaac de marcha e déixase levar pola tentación dunha guapa descoñecida.

Blanca segue firme no pacto que fixo con Irene: non achegarse a Miguel. Pero se dá conta do enganchada que está ao seu compañeiro de piso. Desesperada, recorre a un curioso método anti-adicción para quitarse a Miguel da cabeza. Ademais, Irene e Clara, atraídas por uns panfletos, visitan unha web XXX. A diversión acábase de raíz cando descobren que un dos modelos das web é Cabano e espiuse para elas.

Cando todo parecía perfecto entre Jan e Paula, a familia do mozo obrígalle a casar coa súa prima, algo que pode romper a relación entre eles. Paula pídelle que se negue a facelo, pero Jan está atado de pés e mans por asuntos económicos.

Creedes que a xuventude de hoxe en día está máis crispada?

Moitas veces si, pero violencia e pelexas as houbo dende sempre. En cambio o feito de faltarlle o respeto ao profesor e incluso recurrir á violencia con persoas adultas antes non se facía antes. A televisión, os compañeiros, os xogos e incluso as veces a permisión dos pais fan que a xuventude de hoxe sexa moito máis violenta.

jueves, 6 de noviembre de 2008

¿Evitará que se volva a repetir?

Evitará que se volva a repetir nas clases pero non na rúa. Estamos nun país onde hai moita liberdade para que baixe o nivel de violencia e sobre todo nas clases.

¿A expulsión do centro é unha solución?

É unha das solucións máis frecuentes que hai pero non é a única. Na miña opinión tiñan que tomar medidas os pais e metelo nun reformatorio ou internado para que recapacitase un pouco. Coa expulsión do centro, o único que vai a permitir é menos violencia na clase pero na rúa non, xa que pode esperar ese alumno expulsado na salida e saírse coa súa e esperar á súa victima.

Creedes que a xuventude de hoxe en día está mais crispada e vota man da violencia a miudo?

Eu creo que sí, estamos nun país no que cada día aparece máis violencia, pero non só escolar senón outro tipo de violencias que a verdade e que teñen que tomar medidas sobre todo as leis. Tamén opino que non só a xuventude está máis crispada coa violencia, tamén teño que dicir que a xente maior cada día está máis maleducada e ás veces son peores que a xuventude.

¿Mediariades nun conflicto entre compañeiros para evitar situacions deste tipo?

Depende de quen e depende da situación. Tamén ten a opción de dicirllo aos seus pais, aos profesores ou a outras persoas que o teñan máis cerca e o apoien. Iso sí, non pode ocultalo xa que pode ser peor e pode acabar moi mal o problema.

¿Creedes que a violencia e a solución aos conflictos entre compañeiros?

Eu penso que ás veces si, hai momentos nos que xa non podes aguantar máis e refírome a insultos, golpes ou humillacións o que ás veces che leva a recurrir a violencia. Pero se se pode decartar é mellor, xa que moitas veces acabas perdendo.

martes, 4 de noviembre de 2008

Capítulo 8º Eleccións

O día das eleccións chegou ao colexio e todos os profesores tomaron partido por unha das dúas candidatas. Cando Adolfo non se presente a tempo para votar, e un dos profesores cambia o seu voto e as vidas de Olimpia e Clara cambiarán para sempre.

Adolfo segue ocultando a súa enfermidade, aínda que cada vez resúltalle máis difícil. Cando, debido a unha das súas perdidas de memoria, non se presente na votación para directora, Roque descubrirá o que lle pasa ao seu pai, o que obrigará a Adolfo a enfrontarse aos seus temores e descubrir que o que padece.

Pola súa banda, Branca toma a decisión de ser sincera con Miguel e confesarlle os seus sentimentos, polo que decide quedar para cear con el. Pero debido a unha serie de equívocos, Miguel acabará pasando a noite con?Irene.

Cova descobre mediante un test que pode estar embarazada. Cando llo conte a Julio todas as inseguridades da súa relación sairán á luz.

A situación económica de Cabano vai de mal a peor, e desesperado por gañar diñeiro, acabará aceptando unha proposición indecente e ilegal.

Yoli, despues de ser violada por Oliver comezará a portarse de forma estraña o que chamará a atención de Isaac, que acabará descubríndoo. Sen saber moi ben que facer, Isaac pediralle axuda a Irene. Entre os dous intentarán convencer a Yoli para que denuncie á policía. Pero esta decidirá implicar ao seu irmán, o que traerá consecuencias inesperadas.

¿Meriaríades nun conflicto deste tipo entre compañeiros?

Pois dependendo da situación. Se a persoa acosada sábese defender soa non é necesario intervir pero se esa persoa non pode coa situación o mellor sería axudar a que se defendera intentando non recurrir á violencia. Se esta situación repítese moitas veces será preciso recurrir e pedir axuda a persoas que poidan ter algún tipo de influencia no acosador.

Creedes que a violencia é a solución aos conflictos?

Eu creo que non, xa que a violencia soamente produce máis violencia e isto provoca grandes desastres.Sempre é mellor recurrir ao diálogo porque falando enténdese a xente e 5 minutos de diálogo moitas veces bastarán para solucionar problemas que de outra forma non terían amaño sen recurrir á violencia.

Capítulo 7º O pasado sempre chama dúas veces

Félix, confundido pola súa recuperada amizade con Olimpia, empeza a crer que aínda ten posibilidades de salvar o seu matrimonio. Roque sufrirá este achegamento sen resignarse a perder a unha Olimpia cada vez máis ilusionada coa idea de ser nai. A profesora de inglés, fai oficial a súa intención de presentarse a directora do colexio, pero antes deberá conseguir a convocatoria de eleccións e para iso gañarse os apoios do colexio. Adolfo e Clara, confiados, non lle darán ningunha opción.

Gorka segue empeñado en descubrir con quen está Ruth e pídelle axuda a Cabano, que por medo a perder ao seu mellor amigo, non se atreverá a confesar que el é "o outro". Ruth está farta de ocultalo.

Branca, logo de deitarse con Miguel, dáse conta de que quere algo máis pero de que el non quere. Decide esquecerse do que pasou, e non contarlle nada a Irene porque Miguel pasa dela e buscará outro método para conquistalo.

Fer descobre o que Hugo gardaba no USB que perdeu e faille ver que a súa relación non é tan perfecta. Dubidará en seguir con el pese á insistencia de Cova e Julio porque lle perdoe. Cova e Julio están preocupados porque na súa primeira vez fixérono sen preservativo.