miércoles, 1 de octubre de 2008

4º capítulo da 2º temporada de Física o Química


O pasado luns día 29 de setembro emitiuse o 4º capítulo da segunda tempada de Física ou Química titulado " Eu son eu... e a miña circunstancia". Neste capítulo, como sempre, ocorreron moitas cousas entre os alumnos e os profesores. Un dos conflitos máis destacados foi cando Yoli escribiu na pizarra "PEDERASTA" o cal sentoulle moi mal a Irene e a Isaac que a defendeu. Neste último capítulo tamén comezou unha relación que cada vez é máis próxima entre Cabano e Ruth. As mellores escenas da serie adoitan ser onde aparece Branca e Miguel que neste caso ela fíxose un pouco a liberal, xa que Irene aconselloullo así para gustarlle a Miguel. Outra escena da serie, que foi moi boa, foi cando Ruth atopa o reglamento do Instituto e enfada a Olimpia xa que quería facerlles un exame sorpresa ese día e non podía xa que é ilegal poñer un exame sen avisar con tres días de antelación. Clara e Félix parece que queren ter unha relación, pero que se verá en capítulos posteriores. Tamén Roque intenta fuxir coa súa filla para afastala da súa nai e esta non lla levase ao estranxeiro pero ao final recapacita e non o fai. Para rematar, Fer coñece a Hugo que é o que estaba esperando fai moito tempo despois do engano de Gorka e Oliver.

No hay comentarios: