martes, 25 de noviembre de 2008

Violencia de xénero


Hoxe é o día contra a violencia de xénero xa que van 60 mulleres mortas a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano.Sen duda, o caso máis mediático foi o do profesor Neira que interviu na rúa ao ver unha destas agresións e por isto agora está en coma debido a unha paliza que sufriu despois por parte do agresor da muller. O peor deste caso é que a muller non admite que sufría maltratos a pesares de que hai un video nun hotel que o demostra e segue mentindo sobre a culpabilidade da súa parella e négase a darlle as grazas á familia do profesor por salvala do seu propio mozo.
Pero sen duda, este é un caso fóra do común xa que a inmensa maioría das mullers maltratadas agradecen unha axuda xa que moitas veces por elas mesmas non poden sair desta situación. Para solicitar esta axuda hai numerosos centros aos que poden acudir ou ao teléfono 016 que atende todos estes casos pero a mellor solución é denunciar estas agresións aá policía para que se poña unha orde de afastamento.
Para concienciar á pobación sobre este gran problema na sociedade estanse a levar a cabo numerosas campañas nos medio de comunicación e existe unha gran información para concienciar de que este problema existe e está nas nosas mans rematar con el.
O maltato non ten que ser só físico xa que tamen existe o maltato psicolóxico con insultos e ameazas para que a muller se sinta inferior, o cal, é máis dificil de detectar.

No hay comentarios: