O día das eleccións chegou ao colexio e todos os profesores tomaron partido por unha das dúas candidatas. Cando Adolfo non se presente a tempo para votar, e un dos profesores cambia o seu voto e as vidas de Olimpia e Clara cambiarán para sempre.
Adolfo segue ocultando a súa enfermidade, aínda que cada vez resúltalle máis difícil. Cando, debido a unha das súas perdidas de memoria, non se presente na votación para directora, Roque descubrirá o que lle pasa ao seu pai, o que obrigará a Adolfo a enfrontarse aos seus temores e descubrir que o que padece.
Pola súa banda, Branca toma a decisión de ser sincera con Miguel e confesarlle os seus sentimentos, polo que decide quedar para cear con el. Pero debido a unha serie de equívocos, Miguel acabará pasando a noite con?Irene.
Cova descobre mediante un test que pode estar embarazada. Cando llo conte a Julio todas as inseguridades da súa relación sairán á luz.
A situación económica de Cabano vai de mal a peor, e desesperado por gañar diñeiro, acabará aceptando unha proposición indecente e ilegal.
Yoli, despues de ser violada por Oliver comezará a portarse de forma estraña o que chamará a atención de Isaac, que acabará descubríndoo. Sen saber moi ben que facer, Isaac pediralle axuda a Irene. Entre os dous intentarán convencer a Yoli para que denuncie á policía. Pero esta decidirá implicar ao seu irmán, o que traerá consecuencias inesperadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario