miércoles, 26 de noviembre de 2008

Violencia de xénero


O día 25 de Novembro é o día contra a violencia machista, a cal, afecta a nosa sociedade. Este gran problema o atopamos en todos os lugares e indistintamente da clase social a que pertencen o maltratador e a víctima.
Para intentar solucionalo hai distintos sitios aos que se pode acudir como centros especializados en casos de violencia de xénero que brindan moita axuda con persoal como psicólogos que fan este traballo de valde. Tamén existen casas de acollida que proporcionan un escondite necesario para moitas mulleres maltratadas cando estas deciden abandoar as súas parellas.
Sen duda, o principal recurso que utilizan as víctimas é o teléfono da muller (016) onde persoas proporcionan un apoio moi necesario para estas mulleres.
A sociedade está moi comprometida para evitar este problema aínda que o principal e primer paso é que a muller denuncie. Para isto xa existen xulgados que tratan unicamente este problema.
Esta nas nosas máns evitar esta violencia de xénero cando presenciamos ou coñecemos un maltrato físico ou psicolóxico.

1 comentario:

reyesmv dijo...

Faltame a vosa opinión, que pensades sobre a violencia sexista.