Félix, confundido pola súa recuperada amizade con Olimpia, empeza a crer que aínda ten posibilidades de salvar o seu matrimonio. Roque sufrirá este achegamento sen resignarse a perder a unha Olimpia cada vez máis ilusionada coa idea de ser nai. A profesora de inglés, fai oficial a súa intención de presentarse a directora do colexio, pero antes deberá conseguir a convocatoria de eleccións e para iso gañarse os apoios do colexio. Adolfo e Clara, confiados, non lle darán ningunha opción.
Gorka segue empeñado en descubrir con quen está Ruth e pídelle axuda a Cabano, que por medo a perder ao seu mellor amigo, non se atreverá a confesar que el é "o outro". Ruth está farta de ocultalo.
Branca, logo de deitarse con Miguel, dáse conta de que quere algo máis pero de que el non quere. Decide esquecerse do que pasou, e non contarlle nada a Irene porque Miguel pasa dela e buscará outro método para conquistalo.
Fer descobre o que Hugo gardaba no USB que perdeu e faille ver que a súa relación non é tan perfecta. Dubidará en seguir con el pese á insistencia de Cova e Julio porque lle perdoe. Cova e Julio están preocupados porque na súa primeira vez fixérono sen preservativo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario